«Don Gaiferos», en Teo

La Voz

TEO

XOAN A. SOLER

Mañá inaugúrase a mostra e represéntase o espectáculo

30 mar 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A mostra «Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela» chega a partir de mañá ao auditorio Constante Liste (Teo). A inauguración será ás 19.00 horas, pero unha hora antes, ás 18.00 horas, Os Monicreques de Kukas representarán a historia deste célebre peregrino, que agora volve nunha versión renovada. As entradas para asistir ao espectáculo hainas que reservar previamente no correo entradascultura@teo.gal. A exposición poderá visitarse ata o 9 e abril. Durante os días 1 e 2, o horario é de 11.00 a 13.00 horas. Do 5 ao 9, permanecerá aberta de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas.