A compostelá tamén recibiu o premio do público á mellor artista
27 abr 2015 . Actualizado a las 09:47 h.A compostelá Sofía Espiñeira foi a gañadora da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo. Espiñeira tamén recibiu o premio do público á mellor artista, mentras que Pilar Martínez obtivo o recoñecemento á mellor canción foi para Pilar García.
O director do certame, o cantautor Xoán Curiel, destacou que o xurado tivo un labor «difícil» pola calidade dos oito artistas que chegaron á fase final. e alabou o papel do público animando aos participantes
Ademais, Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo, e membro do xurado, destacou que a gañadora obtivo o premio por ser quen de «tocar un instrumento e ao mesmo tempo focalizar tamén a atención na súa voz».