A macroactuación celebrarase este domingo no Monte do Gozo
18 sep 2025 . Actualizado a las 04:50 h.Domingo 21 • 16 horas • Monte do Gozo • Máis de medio millar de afeccionados do rock galego achegaranse este domingo 21 ata o Monte do Gozo para participar na macroactuación que porá o broche ao festival Go!Go!Zo! A presentación deste concerto tivo lugar este mércores na praza central do complexo do Monte do Gozo, e contou coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o representante da organización do evento, Julio Asorey; e o fundador da Casa do Rock, Adrián Hernández. Na súa intervención, García subliñou que o ciclo de Novas Músicas en Galego e a iniciativa da macroactuación «danlle á lingua o recoñecemento que merece, maximizando o talento emerxente de Galicia e en galego». Enriba do escenario haberá 140 músicos, 60 coristas e 300 artistas interpretando versións en galego de AC/DC, Bob Seger, Coldplay e Twister Sister.