O percorrido literario «As voces do bosque» abre a Festa do Banquete de Conxo

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

O editor e escritor Quique Alvarellos exercerá de guía para lembrar aos autores que escribiron no bosque ou sobre el

24 may 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

O barrio de Conxo celebra esta fin de semana a súa histórica festa cun amplo programa na contorna da carballeira que comeza hoxe cunha das súas propostas máis atractivas, «As voces do bosque». Trátase dun percorrido literario pola carballeira no que o editor e escritor Quique Alvarellos exercerá de guía para lembrar aos autores que escribiron no bosque ou sobre el. Esta activade, pensada para todos os públicos, dará comezo ás 17.30 horas cunha duración de 90 minutos. O percorrido, para o que é necesaria inscrición previa no correo rutabanquete@santiagodecompostela.gal, partirá da igrexa de Conxo.

A continuación, entre as 19.00 e as 20.45 horas, terá lugar unha «scape room» coa que se pretende coñecer en familia a historia e recursos naturais con probas e xogos nos que os participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico. Xa na xornada de mañá, e á espera do día grande do domingo, será a quenda, entre outras actividades, dun taller de observación de aves e dos «baños do bosque».