O multiusos de Santa Comba acolle hoxe o espectáculo «Liberdanza»


O multiusos de Santa Comba acolle hoxe o espectáculo Liberdanza, unha mestura de música e danza composta por Álvaro Muras, unha posta en escea formada por tres músicos e unha bailarina. O repertorio está composto por temas propios e de estilos variados que serve para abrir camiño ao baile, á improvisación e á interación entre eles.

Unha combinación experimental entre a música e a danza, cuxa posta en escea está programada para as 20.30 horas.

Posteriormente, efectuarase a entrega de premios do concurso de escaparates de Nadal e para o martes Papá Noel visitará os colexios e a escola infantil xalleira.

Votación
14 votos

O multiusos de Santa Comba acolle hoxe o espectáculo «Liberdanza»