O programa «Bocaberta» pasou polas aulas de Santa Comba

La Voz

SANTA COMBA

O Concello de Santa Comba está a desenvolver actividades do programa de dinamización lingüística Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que participan distintas editoriais. Entre elas destacan a Língua Máxica, dirixida a idades de 9 a 12 anos, e baseada no libro O sorriso de Rosalía, cuxo animador foi Chrystyan Magic, coa participación de 75 nenos do colexio Barrié da Maza.

Onte desenvolveuse a de Contos Musicados, de 3 a 8 anos, baseada no libro Micifú e os seus amigos, animada por Servando Barreiro, e maila de Creando Historias, de 11 a 13 anos, na que o autor ilustrador do libro, Anxo Fariña, compartiu experiencias con arredor de sesenta alumnos de primeiro da ESO do instituto Terra de Xallas.