Os veciños de Rois poderán viaxar ós Ancares por 55 euros

La Voz U. L. | PADRÓN

ROIS

A Concellería de Servicios Sociais do Concello de Rois organiza unha viaxe ós Ancares co fin de realizar unha ruta de sendeirismo de día completo. A viaxe está fixada para a fin de semana do 12 de decembro, de modo que se parte ese mesmo día, venres, ás 19,45 horas dende Antequeira e ás 20 horas dende Urdilde. A ruta realizarase ó día seguinte. O prazo para anotarse no Concello remata o vindeiro sábado e o precio da viaxe é de 55 euros.