O mes de Rosalía centra a programación cultural do Concello

La Voz

PADRÓN

O Concello de Padrón súmase á programación para o mes de Rosalía de Castro, febreiro, que comeza este xoves coa actuación do grupo Os Quinquilláns. Tamén haberá visitas teatralizadas a Casa de A Matanza; actuacións de teatro; presentación do poemario gañador do V Certame Poético Rosalía de Castro e, por suposto, Caldo de Gloria, da fundación rosaliana.