Pasos de peóns para lembrar a Rosalía

U. L. PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

Padrón prepárase para celebrar o día da escritora o día 24

21 feb 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

O Concello de Padrón ten programadas para as vindeiras xornadas varias actividades para celebrar o Día de Rosalía, que será este sábado 24, data do 181 cabodano do seu nacemento. A maiores, estes días está a repintar dez pasos de peóns con versos da escritora, «unha iniciativa que xa se realizou en anos anteriores e que tivo moi boa acollida», segundo explica a concelleira de Cultura, Lorena Couso, que destaca tamén a presentación da curtametraxe titulada Caldo de Gloria, realizada en Padrón con mulleres do municipio. Tamén Ames participa nesta iniciativa con varios pasos de peóns que lembran a Rosalía de Castro. Onte mesmo, alumnos de tres cursos do colexio que leva o seu nome puideron gozar do espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía.