UXÍA LOPEZ MI CALLE
25 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.É, posiblemente, o tramo de Padrón que máis percorro debido ó meu traballo e quizais, tamén, porque a rúa Longa ou General Franco é unha das máis importantes do casco vello de Padrón. Para min non ten nada especial, como tampouco outras moitas, e dígoo consciente de que este comentario pode non ser entendido. Se falo dela é porque a teño máis presente ca outras xa que, case cada día, a piso. E, coma a min, seguro que lle pasa a moita máis xente xa que nesta arteria ubícansen algúns servicios básicos para a vida diaria dos cidadáns: a Casa Consistorial, a farmacia, a panadería ou un dos supermercados. Non quero esquencerme dalgúns dos establecementos máis antigos da vila, o de Ramonita Regateiro e a coñecida xoiería Scotti que contrastan con outros máis recentes coma o estudio de fotografía de Mario, mención sen ánimo de facer publicidade. En xeral, os edificios son antigos, tipo caseróns, con grandes portas de maderia que falan da riqueza de antaño da rúa Longa, nome que algúns se negan a enterrar para pasar a chamarlle General Franco, co que foi rebautizada a raíz dunha visita que éste realizou á vila. Pero é que esa dualidade de nomes en moitas rúas de Padrón é unha mostra máis da riqueza desta vila antiga e histórica. redac.santiago@lavoz.com