Moito ambiente e troula coa Foliada de Melide

La Voz

MELIDE

NOGUEROL

As rúas da  vella melidense enchéronse durante a fin de semana de xente para gozar da festa

29 abr 2018 . Actualizado a las 22:40 h.

Ambientadas co son da música tradicional galega, as rúas da zona vella de Melide enchéronse durante a fin de semana de xente para gozar da Foliada, que, na súa catorce edición, volveu reunir a formacións musicais e afeccionados de toda a comunidade. Os cantos de taberna, a marcha gaiteira, a mostra de artesanía, o circo galaico, xogos e baile tradicional, e as actuacións, tiraron da festa, cun gran ambiente. Foto noguerol