Os d`Abaixo presentan disco en A Fundación

La Voz

MELIDE

cedido

O grupo interpretará pezas do seu segundo disco

04 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Quixera ser dos paxaros é o título do último traballo discográfico da banda folk Os d’Abaixo, que este venres se desprazará a Melide para presentar en primicia os temas que compoñen ese disco, que é o segundo que pon na rúa o grupo compostelán e o primeiro de estudio. Será nun concerto que acollerá a sala A Fundación a partires das once e media da noite. Quixera ser dos paxaros está composto por cancións inéditas que xorden do traballo de investigación etnográfica que tamén realiza a banda de folk, integrada por músicos que formaron parte de dous grupos de referencia na música galega como son Berrogüeto e Fía na Roca.

De corte máis intimista e no que a voz se eleva a un primeiro plano, o disco tamén se presentará o vindeiro día 16 no Teatro Principal de Compostela.