DESDE EL ADARVE
02 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.OS CONDUCTORES lugueses poden comprobar nos últimos meses que os prezos das gasolinas están -como norma xeral- un ou dous céntimos máis caras en Lugo capital e boa parte da provincia que con respecto ás gasolineiras da provincia da Coruña. Os conductores saben ben que esa diferencia, que parece mínima, acaba converténdose no tempo en substanciosa. Así, fagan o recorrido entre Lugo e Santiago, e verán como nada máis entrar en Melide, os prezos baixan de maneira significativa. ¿Será unha cuestión de demanda, e que os lucenses conducimos menos que os coruñeses? ¿Será que é máis caro transportar o combustible a Palas que a Melide? ¿Será que nos viron cara de parvos? ¿Será que temos que pagar a autovía dalgunha maneira? ¿Será porque cren que os lucenses somos pacíficos e non protestamos? Eu, de momento, reposto o coche na Coruña.