Remata o programa cultural coa entrega do premio Eusebio Lorenzo Baleirón programación cultural coa entrega

La Voz U. L. |DODRO

DODRO

15 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? CPI de Dodro acolle mañá pola tarde a entrega da edición número dezanove do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello e que recaeu no autor Rafa Villar polo seu traballo titulado Escoración dos días. O acto, aberto ao público, coincide coa clausura da Semana Cultural de Dodro. O xurado do certame literario estivo formado pola gañadora da anterior edición, Marina Pérez Rei, a poeta Olalla Cociña Lozano, o autor, profesor e crítico literario Miro Villar e, por último, o xornalista e tamén poeta Daniel Salgado.