A festividade de Nosa Señora dos Milagres de Santa Catalina, no concello de Santa Comba, concentrará esta fin de semana a atención dos devotos cos diferentes actos litúrxicos preparados para a ocasión. O sábado 11 centrarase na denominada procesión das antorchas desde as nove da noite na capela. A xornada central do domingo 12 comezará coas misas rezadas ás 9.30, 11 e 12 horas, sendo a solemne a partir da unha da tarde. Seguidamente actuará na sesión do mediodía a orquestra Marimba, que pola noite estará acompañada por Jerusalén. Preparativos en Brión No concello de Brión prepáránse para o mes máis intenso en festas. Así, a organización da Festa do Cabalo xa ten pechado o programa da presente edición, que se celebrará a fin de semana do 18 e 19 deste mes no recinto municipal dos montes Rañalonga. Haberá varias probas e o tradicional encerro de vaquillas na tarde do sábado 18. Na xornada central do domingo repetiranse os saltos de obstáculos e salto de potencia, mentras que a partir das seis da tarde terán lugar as carreiras de cabalos do país, cruzados e por último os pura sangue. Haberá máis de 3.000 euros en premios. A popular romaría de Santa Minia disfrutará este ano de tres días de festexos do 25 ao 27 de setembro. O sábado terá lugar a primeira verbena coas orquestras Babilonia e Marimba. O domingo 26 pola noite as orquestras Jerusalén e Suavecito tocarán na verbena. A xornada central do luns 27 contará coa Banda Municipal de Brión e charangas. Actuará Capitol na sesión vermú, acompañada pola noite da orquestra Olympus.