
O concerto celebrarase ás 20.30 horas na Casa da Cultura e xa se poden retirar as invitacións
04 jun 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Sábado 14 • 20.30 horas • Casa da Cultura de Bertamiráns • Gratis previa retirada de convites a través da billetería electrónica do Concello de Ames • A Pedreira recala o vindeiro sábado en Bertamiráns (Ames) co seu último traballo, «Basal», distinguido nos Martín Códax e finalista nos Premios de la Música Independiente (MIN) e nos Premios de la Academia de la Música de España.
A formación A Pedreira, liderada pola artista Ugía Pedreira, conecta neste novo traballo «música, psicoloxía, territorio e corpo-casa», segundo destacan desde a organización. Trátase de cancións entretecidas en torno ao universo cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña. Así ofrece unha viaxe polas diferentes Pedreiras, desde a Ugía nai ata a nena cantautora que subiu por primeira vez a un escenario con 14 anos.