O Concello de Ames premia ás empresas polo uso do galego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

CEDIDA

Entregou os galardóns correspondentes á primeira edición do certamen Lingua e Empresa

03 feb 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello de Ames entregou os premios correspondentes á primeira edición do certamen Lingua e Empresa, que foron para as empresas Biosbardos, polo impacto da súa actividade entre a xente nova e as familias; a Xestiago, pola súa relación coas comunidades de veciños e pola repercusión entre a veciñanza á que lle ofrece os servizos de inmobiliaria e seguros: e a Asesoría Xeral Galega, polo impacto que a súa actividade en galego pode ter no sector empresarial ao que lle ofrece os seus servizos de asesoría.

A concelleira amiense de Promoción Económica, Isabel González, destacou a participación de trece empresas nesta primeira edición e dixo que agarda que o premio «vaia medrando ano a ano e que para a próxima convocatoria se incremente o número de empresas participantes».

Os premios consisten nunha dotación económica de 833 euros e unha campaña de difusión na radio municipal para cada empresa.