A MICE distingue filmes de Berio Molina e Sabrina Fernández Casas

M. G. I. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Representantes dos filmes, directores da MICE, a alcaldesa de Santiago e a vicepresidenta do Museo do Pobo, na entrega dos galardóns
Representantes dos filmes, directores da MICE, a alcaldesa de Santiago e a vicepresidenta do Museo do Pobo, na entrega dos galardóns Sandra Alonso

Na sección Internacional impúxose o filme luso «Percebes»

16 mar 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

Percebes, das portuguesas Laura Gonçalves e Alexandra Ramires, e Furada negra, do fonsagradino Berio Molina, foron as películas gañadoras das seccións Internacional e Galicia, respectivamente, da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo, que pechou onte a súa 21.ª edición. Non foron os únicos recoñecementos que se deron a coñecer durante a gala de entrega de premios. Tamén recibiu o galardón á Excelencia Etnográfica Alboroque, da suízo-galega Sabrina Fernández Casas.

 

 

 

O xurado destacou do filme galego Furada negra «o tratamento do material de arquivo» e, en especial, o «traballo sonoro», xa que Berio Molina captou o son de distintas covas, entre elas, a do Pico Sacro. Do premio internacional, Percebes, resaltou «a súa capacidade de narrar desde a mirada particular ata abrir unha reflexión máis ampla sobre a dependencia económica do turismo e a perda de identidade como pobo». Pola súa banda, de Alboroque, incidiu na construción do relato e a análise etnográfica.