As actuacións serán o 6 e 7 deste mes no Principal con entradas esgotadas
01 feb 2026 . Actualizado a las 04:55 h.Días 6 e 7 de febreiro • 20.30 horas • Teatro Principal • Entradas esgotadas • «BenQuerer», a peza «máis persoal e íntima» da traxectoria do bailador Fran Sieira, iniciará a súa andaina este venres e sábado en Santiago. O artista estará acompañado neste primeiro só de danza da súa traxectoria pola música en directo do dúo galego Caamaño & Ameixeiras.
Esta peza ofrece unha reflexión sobre a necesidade de aprender a parar e coidarse. O espectáculo non remata enriba do escenario, senón nun diálogo dos artistas —Fran Sieira, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras— co público asistente.
Despois da estrea con cheo en Santiago, a peza xirará por Lugo, Arteixo, Narón, Vigo, Carballo e Ribeira.