O Museo do Pobo Galego achega o valor das máscaras

La Voz

SANTIAGO

A exposición das máscaras inaugurada este xoves poderá visitarse ata o 26 de abril no claustro alto do Museo do Pobo Galego.
A exposición das máscaras inaugurada este xoves poderá visitarse ata o 26 de abril no claustro alto do Museo do Pobo Galego. Xoán A. Soler

A mostra reúne 66 pezas, tanto procedentes doutros países como galegas

30 ene 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

En rituais, festas, celebracións relixiosas, no teatro... As máscaras están presentes nas diversas culturas con moi distintas finalidades. Para achegarse a este universo tan heteroxéneo, o Museo do Pobo Galego inaugurou onte no claustro alto unha exposición con 66 pezas. A maior parte delas —54— pertencen á colección de Nacho Rovira, que leva catro décadas reuníndoas por distintos países. A estas pezas procedentes de Romanía, Italia, Portugal e España engádenselle unha ducia dos fondos do museo. Entre as máscaras que se poden observar atópanse pezas do entroido popular, outras empregadas en celebracións relixiosas do Nadal, Semana Santa ou Corpus; exemplos do carnaval cortesán barroco e da «Commedia Dell’Arte», así como as usadas en actos fúnebres.