O dúo compostelán presentou un avance do seu novo disco, «X»
28 ene 2026 . Actualizado a las 04:50 h.O dúo santiagués Boyanka Kostova celebra este ano o seu décimo aniversario como formación e, con ese motivo, publicará en primavera o seu novo álbum «X». Como avance, Cibrán García e Chicho do Funk publicaron onte un primeiro tema, «Trae ese cú», no que saldan contas persoais. Os creadores do trap en galego, que se unían baixo o nome dunha competidora de halterofilia búlgara, xa adiantan que ese traballo do décimo aniversario «será un exercicio discográfico especialmente expansivo no seu son». Con «X» Cibrán García e Chicho dan continuidade ao dúo á vez que manteñen outros proxectos propios.