The Rapants estrean o seu novo LP en directo en Sar

La Voz

SANTIAGO

As entradas sairán á venda este venres ás 12 horas

13 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Multiusos de Sar acollerá o 28 de marzo a inauguración do «Rapants Club», a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants. As entradas para a concerto poranse á venda este venres 16, a partir das 12 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.

Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. «Rapants Club» verá a luz tamén no mes de marzo.

CONCERTO • 28 de marzo • Multiusos de Sar • 19 horas • ENTRADAS • Á venda en Ataquilla.com desde o 16 de xaneiro ás 12 horas