O deseñador é Aitor Marín, é fillo de arzuáns emigrados ao País Vasco
28 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A presentación do cartel que anunciará a 51 edición da Festa do Queixo, que se celebrará en Arzúa coincidindo coa fin de semana que compartirán os meses de febreiro e de marzo no 2026, serviu para desvelar o eixe temático en torno ao que xirará a programación. A cita renderá homenaxe á emigración galega, poñendo o foco na memoria da xente, especialmente a de orixe arzuá, que pese a ter que marchar fóra nunca rompeu o vínculo coa súa terra natal. O propio autor do cartel, o deseñador Aitor Marín, é fillo de arzuáns emigrados ao País Vasco, onde se concibe a Festa do Queixo como «moito máis ca un produto ou unha feira. É —explicou Marín— todo o que acontece ao seu redor, as persoas, a música, as rúas cheas de vida e a identidade dun pobo enteiro». Asistiron tamén o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e os concelleiros de Xuventude, Daniel Moscoso, de Igualdade, Lucía López, e de Turismo, Begoña Balado.