Concha Losada: «Teñen que falar galego os mellores profesores e profesoras da universidade»
SANTIAGO
A profesora da USC recibiu o Premio Luís Porteiro Garea polo seu traballo en prol da normalización lingüística
19 nov 2025 . Actualizado a las 13:02 h.Concha Losada, profesora de Psicobioloxía da USC e presidenta do Museo do Pobo, recibiu onte o Premio Luís Porteiro Garea pola súa traxectoria a prol da normalización lingüística na Universidade de Santiago. No seu discurso, a galardoada salientou que «falar galego non debe ser unha carga senón unha vantaxe competitiva». Concha Losada subliñou que «teñen que falar galego os mellores profesores e profesoras, teñen que dar clase en galego os mellores profesores e profesoras; se non existen, hai que crear eses materiais de traballo universitario en galego, e non podemos pensar nunha Universidade que viva en galego sen que a estrutura administrativa e de servizos viva en galego».
Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López, incidiu no compromiso global de Cocha Losada co galego. Ademais, fixo fincapé en que a lingua propia gaña espazo nas aulas da USC xa que alcanzan o 29,2 % das horas impartidas, o que supón a porcentaxe máis alta de toda a serie histórica. Así, as horas que se impartirán en galego durante este curso académico superan ás 20.000, un 19 % máis ca no 24-25.