O Consello da Cultura homenaxea a María Xosé Porteiro

La Voz

SANTIAGO

María Xosé Porteiro
María Xosé Porteiro PACO RODRÍGUEZ

Unha xornada que se celebra este xoves abordará a traxectoria da política, activista, escritora e feminista

30 oct 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 9.45 horas • Consello da Cultura Galega • O ciclo «Pioneiras e andainas» do Consello da Cultura pon hoxe o foco na traxectoria da política, activista, escritora e feminista María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Durante a xornada revisarán a súa faceta vital e profesional, así como o seu traballo en prol das mulleres en Galicia.