Santiago encherase de música tradicional con «No campo de fóra»

La Voz

SANTIAGO

.

As citas comezarán este sábado no CSC Maruxa e Coralia e continuará ata o 10 de xuño. Tamén incluirá dous paseos

08 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A música tradicional estenderase por Santiago coa nova edición do ciclo «No campo de fóra», que chegará a oito centros socioculturais saíndo das aulas da Escola de Música de aCentral Folque.

A iniciativa comezará este sábado cunha proposta de música antiga no CSC Maruxa e Coralia (12 horas), onde actuará Pres de Cambrai. O luns, día 12, María Faltri e Berto Rodríguez ofrecerán un concerto participativo sobre as cancións tradicionais galegas, «Coa pandeireta na man», (CSC do Romaño, 19 horas). O venres 16 a cita será no CSC de Nemenzo cun obradoiro de percusión galega para público familiar a cargo de Carlos Freire. Tres días despois, Títeres Seisdedos ofrecerá «O galo Quirico» no CSC das Fontiñas. A música volverá a tomar protagonismo o día 19 con Mini no CSC da Trisca. Pola súa banda, o día 23 a investigadora Isabel Rei actuará no CSC de San Xulián de Carballal.

En xuño, o día 5, Atenea García e Vero Rilo ofrecerán un espectáculo de narración oral no Eixo; e o día 6, o músico portugués César Prata actuará no CSC Santa Marta. Tamén haberá dous paseos. O 27 de maio con Paulina Marina e o 10 de xuño con Alfonso Espiño.