Excéntricas estrea en Santiago un «thriller» conventual que revive a resistencia dunhas monxas no século XVI

La Voz

SANTIAGO

sabela eiriz

«As desterradas» poderá verse hoxe e mañá no Teatro Principal

06 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Hoxe e mañá • 20.30 horas • Teatro Principal • Entradas esgotadas • Século XVI. Unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os mandatarios da Igrexa para rematar coa súa resistencia non dubidaban en difamalas e ameazalas. Agora, esa historia de resistencia feminina fronte á opresión revive da man de Producións Teatrais Excéntricas, que esta noite estrea no Teatro Principal «As Desterradas».

A obra está escrita por Carme Varela e dirixida por Quico Cadaval. Pola súa parte, Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira conforman o elenco encargado de darlle vida a este «thriller» conventual. O elenco recibiu a visita no Principal do director da Agadic, Jacobo Sutil.

Na sesión de hoxe, o equipo artístico participará nun encontro co público, que ten as entradas esgotadas ao igual que as de mañá. A iniciativa enmárcase dentro da programación de «Creadoras en escena» e «Memoria» de Compostela Cultura.