Uxía festexa cun concerto en Santiago os seus 40 anos de traxectoria musical

La Voz

SANTIAGO

Miguel Muñiz

A cita será o 16 de marzo no Auditorio de Galicia e estará arroupada por outros artistas

04 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

16 de marzo • 20 horas • Auditorio de Galicia • 12 euros • «Uxía, 40 anos. Será por flores». Ese é título do concerto que ofrecerá o 16 de marzo en Santiago a cantante Uxía Senlle, unha das voces de referencia da música do país e figura clave na preservación da cultura propia, para festexar as catro décadas nos palcos. Segundo anuncia Compostela Cultura, Uxía estará arroupada por un feixe de artistas e amizades que compartiron con ela música e percorrido nunha noite na que lembrará os momentos máis especiais da súa traxectoria. As entradas para este concerto xa están á venda na web de Compostela Cultura e tamén na Zona C a un prezo de 12 euros.