O Claustro Alto de Fonseca acolle unha mostra dedicada a oito galegas pioneiras

La Voz

SANTIAGO

María Barbeito
María Barbeito Del libro "Apuntes sobre Emilia Pardo Bazán", de María Barbeito.

A mostra está organiada pola Biblioteca da USC con motivo do 8-M

04 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

11 horas • Claustro Alto de Fonseca • Oito galegas pioneiras en diversos ámbitos protagonizan a mostra coa que a Biblioteca Universitaria conmemora o 8 de Marzo, que será inaugurada esta mañá no Claustro Alto de Fonseca. As protagonistas de «8 mulleres galegas que moveron os marcos» son Áurea Rodríguez, primeira gaiteira da que se ten noticia; Maruxa Villanueva, actriz; Elisa Patiño, aviadora; María Wonenburger, investigadora; María Luz Morales, directora dun xornal; Ángela Ruiz Robles, inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico; Concepción Pérez, primeira alcaldesa de Galicia e das primeiras de España; e María Barbeito, educadora.