
O Salón Teatro quedou pequeno para acoller a homenaxe que lle renderon cómicos e artistas como Xosé A. Touriñán, Roberto Vilar, David Amor e Quico Cadaval, entre outros
05 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Durante máis de cinco décadas José Luis Bernal ou o que é sinónimo, Farruco, percorreu os escenarios de aldeas, vilas e cidades galegas contando historias e contos, para espertar os sorrisos. Onte, para homenaxear ao humorista, foron outros os que se subiron ao escenario do Salón Teatro para levar as historias e seguir esa senda aberta por Farruco. «Honramos ao ariete, ao sherpa, ao pai dos contadores dos contos galegos», escribía antes da gala tributo Pepo Suevos, impulsor de «Farruco: dálle as grazas a José Luis. Gala de humor e recoñecemento».

Contadores e monologuistas galegos da actualidade, de varias xeracións, sucedéronse no escenario para repasar anécdotas de Farruco ou versionar algunhas das súas historias. Entre os incluídos no cartel estaban Xosé A. Touriñán, David Amor, Roberto Vilar, Quico Cadaval, Luis Iglesia, Isi... Farruco non só recibiu a homenaxe dos compañeiros, senón tamén do público. O Salón Teatro quedouse pequeno para acoller aos que querían asistir.