«Movemento obreiro en Galicia» chega ao centro sociocultural do Ensanche de Santiago

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

A Fundación Luís Tilve inaugura hoxe unha mostra, que percorre a historia dunha nova clase social que foi tomando conciencia ao longo do século XIX, poderase ver ata o día 24

26 ene 2025 . Actualizado a las 21:29 h.

A partir do luns • CS do Ensanche • 11.30 horas • De balde • A Fundación Luís Tilve inaugura hoxe no centro sociocultural do Ensanche de Santiago a exposición «Movemento obreiro en Galicia. Trazos da historia socialista», que consta de 20 paneis dirixidos principalmente aos docentes e estudantes de ESO e bacharelato, con catro unidades didácticas e un vídeo paralelo que complementan a mostra histórica. A mostra, que percorre a historia dunha nova clase social que foi tomando conciencia ao longo do século XIX, poderase ver ata o día 24 de febreiro neste emprazamento.