O Espazo Apego de Santiago estrea o ano con teatro, danza e contos

La Voz

SANTIAGO

ANA GARCIA

O día 30 contará coa actuación de Cé Orquestra Fantasma

09 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O Espazo Apego de Santiago retoma a súa actividade o luns 13 de xaneiro despois das festas de Nadal e faino con teatro, danza e contos que teñen como obxectivo concienciar sobre a natureza do noso territorio.

Os luns é tempo da actividade «A lingua medra», unha iniciativa dirixida á cativada de dous a seis anos. Os martes, son «Tardes de contos», con horario de 17 a 18 horas para os menores de tres anos e de 18.15 a 19.15 para os de tres a seis anos. Os mércores é tempo de xogo libre con «Enredando e lingoreteando», tamén con distintos horarios. O xoves 16 chegará «O gaiteiro verde», da Fundación Legar, un obradoiro de confección de instrumentos de música de raíz. Xa o xoves 30, será a quenda de «Fíos de querer», de Cé Orquestra Fantasma.