Manuel Gago, Pilar García Negro, Quintana Martelo, A Banda da Loba e Hydn recibirán o Premio Alfredo Iglesias o día 16

La Voz

SANTIAGO

Miguel souto

Os galardóns distiguirán a 19 persoas e entidades polo seu labor cultural e compromiso social

05 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Día 16 • Hotel Congreso (Teo) • Un total de 19 persoas e entidades recibirán o vindeiro día 16 os Premios Alfredo Iglesias para recoñecer o seu labor cultural e o compromiso social. Os premiados nesta cuarta edición son Pilar García Negro (escrita), A Banda da Loba (música), Manuel Gago (acción patrimonial), Avelino González (comunicador), Dolores Couceiro (moda), Adegas Vía Romana (gastronomía), Premios Mil Primaveras (promoción da lingua), Olalla Diéguez Boo (ilustración), Asociación Cultural A Mámoa (acción cultural), José Pereira Uzal (ciencia), Romero Masiá (artes), Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (acción solidaria), Aspamite (acción social), Oli Xiráldez (artesanía), Quintana Martelo (traxectoria), Moncho Díaz, de Fuxan os Ventos (premio á memoria), Hydn (artista revelación) e Víctor Manuel Oujo e Ángel Currás (personaxes do ano).

Os galardóns están impulsados polo teense Álex Regueiro en lembranza do fotógrafo e escritor Alfredo Iglesias, que finou no 2021.