Hoxe haberá percorridos ás 19 e ás 20 horas previa reserva a través da web
09 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Afundación, Obra Social Abanca, inaugura hoxe exposicións nas sete cidades galegas con motivo do seu décimo aniversario. En Santiago esta mostra «Simultánea» levará por título «Arquitecturas narradas», nunha viaxe polas obras da colección que reflexionan sobre as relacións da cidade e a arte.
Hoxe, con motivo da súa inauguración na sede de Afundación na Rúa do Vilar, haberá visitas guiadas ás 19 e ás 20 horas. É preciso inscribirse na web. En Santiago, a mostra acolle creacións de 42 artistas. Entre elas están as de Mario Granell, José Villamil, Tatiana Medal, Segura Torrella e os santiagueses de nacemento Alfonso Costa, Manuel López Garabal, Aymerich, Romero Masiá y Antón Cabaleiro.