O Consello da Cultura aborda a violencia machista

La Voz

SANTIAGO

MIGUEL VILLAR

Na xornada tamén presentará un manual contra este tipo de violencias

13 may 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

18.30 horas • Consello da Cultura Galega • O Consello da Cultura presenta esta tarde un manual contra as violencias machistas. O documento elaborado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos titúlase «Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas». Está dividido en tres apartados: un dirixido a recoñecer as diferentes formas de violencia, outro centrado nos percorridos xurídicos e o terceiro no que se recollen recursos e axudas. Ademais, Ana Belén Puñal, Concha Fernández e Laura Seara ofrecerán unha panorámica da situación actual.