A selección será mañá venres no Pazo da Peregrina de Bertarmiráns
10 feb 2022 . Actualizado a las 21:46 h.«Atrápame se podes», o concurso da Televisión de Galicia presentado por Paco Lodeiro, buscará mañá novos participantes da área de Compostela durante o «cásting» que realizará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames). O espazo televisivo procura xente espontánea e divertida, que se adapte ao ton humorístico do programa.
O «cásting» levarase a cabo en horario de mañá —de 11.00 a 14.00 horas— e de tarde —de 15.00 a 18.00 horas—. Os candidatos deberán presentarse dentro das horas indicadas no Pazo da Peregrina. A única condición para participar é ser maior de idade. No caso de non poder asistir, os interesados poden enviar tamén os seus datos de contacto, incluíndo nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación a atrapamesepodes@crtvg.gal.
O «Atrápame se podes» xa repartiu entre os seus concursantes máis de 30.000 euros. Esta semana o bote xa superou os 21.800 euros. O programa está sendo o máis visto en Galicia na súa franxa de emisións. En cada espazo participan cinco concursantes, que chegan o sábado e marchan o mércores. Neses cinco días teñen a posibilidade de levar o bote ou, se non, 200 euros. O espazo divídese en catro fases con preguntas caracterizadas polo humor e entretemento.