Albert Camus, improvisado

SANTIAGO

Sandra Alonso

O CDG propón dende hoxe e ata o 7 de marzo variacións sobre «A peste» coas suxerencias dos espectadores

24 ene 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

Todos os luns ata o 7 de marzo • 20 horas • Salón Teatro • 5 euros • Cada luns, o Salón Teatro presentará un Albert Camus diferente. Unha versión libre e aloucada d’A Peste, composta sobre a marcha ganduxando a temática e atmosfera da nova produción do Centro Dramático Galego coas suxestión do público. Ese é o celme de ImproVersións, o novo programa que o CDG estrea este luns e que ata o vindeiro 7 de marzo representará un espectáculo diferente cada semana.

Cada representación utilizará a escenografía, o atrezzo e a iluminación da montaxe que vén de estrear o CDG con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó para facer variaciós sobre unha das pezas máis coñecidas de Camus.

O elenco que participará en Improversións está composto por Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lledó. A iniciativa ten a Alfondo Medina na dirección escénica e a Aitor Garuz como técnico de luz e de son.

ImproVersións é un xeito tanto de achegar as artes escénicas á cidadanía e crear públicos como de promocionar o novo espectáculo do Centro Dramático Gaego, que permanecerá en esceano Salón Teatro ata o vindeiro 13 de marzo con funcións de mércores a domingo. A peste é unha metáfora sobre as consecuencias da Segunda Guerra Mundial, pero como clásico, e en palabras de Cándido Pazó, «sucesivamente, no presente e no futuro, falará do que os lectores ou, neste caso, os espectadores, queiran entender»

As entradas para os espectáculos improvisados pódense adquirir en ataquilla.com e no despacho de billetes dende dúas horas antes da sesión a un prezo de 5 euros.