O premio Manuel Beiras promove o poder de comprar no comercio que usa o galego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

O Concello e a Cámara de Comercio convocan este premio conxuntamente desde o ano 2000

04 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O premio Manuel Beiras, dedicado a recoñecer e pór en valor as empresas que empregan o galego habitualmente na comunicación, ten este ano como lema Ti tes o poder.

Busca así «resaltar a capacidade do público consumidor para influír na escolla lingüística dos negocios, á vez que lles explica a estes que elixindo galego están dándolles valor estratéxico». Así o defenderon o concelleiro Rubén Prol, e Xavier Freires Chico da dirección da Cámara de Comercio, no lanzamento da edición deste ano.

O Concello e a Cámara de Comercio convocan este premio conxuntamente desde o ano 2000. Chegan agora á vixésima edición. Pretenden favorecer «a normalización da lingua no ámbito socioeconómico». Honran tamén a memoria de Manuel Beiras, un recoñecido empresario que deixou pegada na cidade.