29 oct 2021 . Actualizado a las 04:55 h.
«A lúa vai encuberta», a coprodución do CDG coa Casa Museo Manuel María e as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, recalará desde hoxe ata o domingo no Salón Teatro, onde ofrecerá catro funcións. Hoxe ás 20.00 horas; mañá, ás 17.30 e ás 20.00 horas; e o domingo, ás 18.00 horas. A montaxe céntrase na realidade galega e na loita por conformar unha identidade propia.