Homenaxe a Luz Pozo Garza no festival de poesía

La Voz

SANTIAGO

ANGEL MANSO

Será este sábado a partir das 12.30 horas

17 sep 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

Sábado • 12.30 horas • Teatro Principal • Reserva de entradas aberta • O festival de poesía Alguén que respira! renderalle tributo a Luz Pozo Garza na súa apertura este sábado. Ela era a autora do manifesto que ía abrir a cita en marzo, pero tivo que trasladarse a setembro debido a pandemia. Ao falecer a escritora en abril, agora a encargada de lelo será Nieves Neira durante o recital inaugural. Tamén se proxectará un vídeo sobre a poeta.