Alejandro Gándara e Olaia Tubío: «Finalizar o documental foi como ter un fillo, é algo que levas incubando moito tempo»

daniel bernardo / s. l.

SANTIAGO

CEDIDA

A MICE estrea mañá en Bonaval o filme sobre Dorothé Schubart, muller que traballou pola conservación da tradición sonora

26 ago 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

Mañá estréase no parque de Bonaval o documental Dorothé na vila, sobre a vida de Dorothé Schubart. Nada en Basilea en 1944, chegou a Galicia 32 anos despois durante unhas vacacións para estudar a música popular galega. Grazas a unha beca da Fundación Barrié quedou máis tempo e, en 1984, publicou Cancioneiro popular galego, coa achega de Antón Santamarina.

As entradas para ver a largometraxe esgotáronse en apenas dez minutos. Alejandro Gándara, o director, comenta que «é moi bonito. Pasamos dous anos e pico traballando case en privado e non tiñamos nin idea da acollida que ía ter». O documental, que describe como ameno e entretido, focaliza nas historias das fontes que foron atopando, facendo a súa propia busca, pois Dorothé foi bastante resistente á idea de aparecer no documental. Olaia Tubío, a guionista, destaca que «houbo moitos momentos nos que pensabamos que non ía saír adiante». «De feito, deixámolo varias veces, pero isto tamén forma parte da aprendizaxe sobre Dorothé, cóntase moito dela sen que saia ante a cámara», engade Gándara.

Porén, ao final foron quen de atopar as historias que andaban a buscar e obtiveron «un resultado positivo». Tubío explica que tiveron dúas sensacións ao atopar a esas ansiadas fontes. «Atopamos familia. Por unha banda foi moi duro, porque ao final ves que falta moita xente, pero por outra banda sentímonos moi alegres de poder chegar finalmente ata estas fontes», conta. A complexidade de traballar con tempos pasados sempre é elevada, pero finalmente, foron quen de terminar esta peza, que non vai deixar indiferente a ninguén.

Unha vez que remataron o documental de maneira definitiva, Tubío conta que «malia que nunca estará rematado de todo, foi como a sensación de ter un fillo, estar incubando algo tanto tempo para que agora o vexa a xente».

O perfil de Dorothé

A personalidade da investigadora quedou reflectida na peza. Tubío cre que «as mulleres foron protagonistas na transmisión oral, pero non recibiron o protagonismo debido». As cancións, continúa, «estaban consideradas como unha cousa da casa, e polo tanto, considerábanse como cousas das mulleres». Esta maior exposición do papel delas na transmisión oral tamén foi cultivado por Dorothé, algo que se recolle nas súas investigacións musicais, nas que considera á muller como transmisora deste patrimonio.

¿Cuál es la posición de la mujer en la cultura urbana?Unha semana chea de filmes e descubrimentos

El próximo 12 de septiembre y dentro de la programación del Delas Fest, el Gaiás acogerá una jornada que abordará cuál es la situación de la mujer dentro del sector del arte urbano. Habrá charlas, como la de la experta en género Lina Castellanos, o la de la muralista viguesa Lorena Ávalo. El objetivo de la jornada es el de intercambiar experiencias entre mujeres artistas, por eso la comisaria del Delas Fest, Clara R. Cordeiro, moderará una mesa redonda que contará con la participación de Eva Comesaña, Festa, IRA, Iria Prol y Marcia Vázquez. Además, esa misma tarde, varias artistas ofrecerán un encuentro de improvisación pictórica. Estas ocho artistas fueron las ganadoras de ocho becas de creación que nacieron con el objetivo de fomentar la implicación en el evento.

Hoxe • 11.30 horas • Museo do Pobo Galego • MICE Petís.

22.00 horas • Parque de Bonaval • Curtas Impropias: Xoves de Comadres, de Noemi Chantada; Santa Baia de

Montes, de Sabela Souto; De Monstruos y Faldas, de Carolina Astudillo.

Mañá • 11.30 horas • Museo do Pobo Galego • MICE Petís.

20.00 horas • Teatro Principal • Hamada, de Eloy Domínguez Serén.

22.00 horas • Parque de Bonaval • Estreo de Dorothé na vila, de Alejandro Gándara e Olaia Tubío.

Tamén haberá numerosos actos en liña.