Recompilan os artigos en xornais de Díaz Pardo

La Voz

SANTIAGO

s

A presentación será hoxe ás 19.30 horas na Fundación Torrente Ballester

04 feb 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

19.30 horas • Fundación Torrente Ballester • O ollar carividente de Isaac Díaz Pardo recolle as colaboracións xornalísticas realizadas polo intelectual galeguista entre os anos 1963 e 2009, na súa maior parte en xornais galegos e, fundamentalmente, en La Voz de Galicia. Trátase dunha recompilación feita polo filólogo Xosé Ramón Fandiño Veiga que agora publica o Consorcio de Santiago e Andavira Editora. Os artigos, a súa maioría en galego, estarán ordenados de maneira cronolóxica, o que permite ver a evolución do autor en canto á visión de certos temas. Esta tarde, o libro será presentado nun acto no que participarán, ademais de Fandiño, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do organismo, Juan Conde; e a directora de Andavira, Lucía Ventoso.