César Souto espalla versos a «Campo aberto» na Numax

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Estará acompañado de Anxo Quintela e Francisco Castro

14 ene 2019 . Actualizado a las 04:50 h.

Numax • 20 horas • Gratuíto • A poesía é á vez un marco da realidade, unha linde, un límite ao campo. Un xeito de procurar categorías nas que ir colocando a realidade. Pero os versos son tantas veces o mesmo campo falando de si mesmo, autoexplicándose... Neses dous universos onde opera a poesía e nos que estivo navegando o xornalista César Souto ata chegar a porto con Campo aberto, o poemario que esta tarde presenta na libraría Numax acompañado do xornalista Anxo Quintela e do director xeral de Galaxia, Francisco Castro.

Campo aberto é o segundo poemario de César Souto, que publicou os seus poemas a mediados dos 90 na revista Dorna e no 2004 deu ao prelo o volume Sucesos, editado na colección Tambo.