O Manuel Beiras distingue a tres defensores do idioma

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

Leite Noso, Construcións Alvite González e Evaristo Rodríguez Carracedo foron os galardoados

18 dic 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Leite Noso, pola marca comercial Deleite, e primeira etiquetada enteiramente en galego, recolleu onte un dos tres premios Manuel Beiras, outorgados polo Concello e pola Cámara de Comercio de Santiago a entidades e persoas que destacan pola defensa do idioma nas actividades de ámbito económico.

Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, o galardón foi para Construcións Alvite González. E o xurado aprobou unha distinción especial para Evaristo Rodríguez Carracedo, avogado que como vicepresidente da Cámara de Comercio, promoveu estes premios, que levan xa 19 edicións.