Menús


Os escaparates do sector de restauración do casco histórico son en moitas ocasións un atractivo en si mesmos. Non hai máis que observar como paran neles moitas das miradas de quen escolle Compostela como destino turístico. Pero o atractivo do marisco e outras viandas da terra non é o único que marca esas paradas de pegada gastronómica. A elección do sustento tamén deixa a súa impronta a diario nesa mobilidade peonil. Ollo, estómago e peto adoitan porse avizor sobre esas cartas de menús en torno ás horas de xantar. É unha estampa propia das zonas de gran concentración de oferta restauradora. Cousas da sá diversidade. Xa sexa en harmónica aliñación, ou non, apetencia e posibilidades económicas decantan a elección. Pero, para elixir, hai que coñecer. E, ou ben un chega orientado xa pola propia experiencia, pola dos seus achegados ou pola dese gran escaparate que é Internet, ou pon o ollo nas cartas exteriores dos restaurantes. A maioría prefire elixir dende fóra, sen agobios, cun simple vistazo. Atinar é importante para a calidade da estadía, o que fai que a disposición dos menús á vista xeral non sexa unha cuestión menor para a maioría dos turistas. E se non é para quen sustenta a demanda, menos para quen quere satisfacela. O recordatorio do Concello sobre a normativa abriu estes días outra fronte de preocupación no sector. A non dispoñibilidade da vía pública para amosar esa oferta parece clara. O uso das fachadas, o principal soporte para a publicitación dos menús, está tamén nun recordatorio que está recuperando vellos debates, algúns eternos entre o sector e a Administración. Pero a imaxe da cidade agradecería que se abordase dunha vez o da homoxeneización exterior deses menús.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Menús