A súa Fundación organizou unha ofrenda floral con motivo do 68 aniversario do seu pasamento
10 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.A Fundación Castelao organizou unha ofrenda floral onte pola tarde en San Domingos de Bonaval con motivo do 68 aniversario do pasamento do intelectual. O presidente da entidade, Carlos Mella, destacou a súa capacidade para construír unha teoría política do nacionalismo galego. «Castelao tentou elaborar para Galicia un futuro democrático, federal e republicano que, cos arranxos necesarios, segue a ser modélico para os presentes», asegurou Mella. O acto contou coa actuación do grupo Música Antiga 1500 e o recital poético de Rosalía F. Rial. Asistiron, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e os voceiros parlamentarios de En Marea e do PSdeG.