Recoñecemento ao sociólogo Fermín Bouza Álvarez

A cita será o domingo no Teatro Principal


O sociólogo compostelán Fermín Bouza Álvarez será homenaxeado este domingo no Teatro Principal cun acto que baixo o título Somos feministas fará un repaso pola súa vida, a súa traxectoria e o seu peso intelectual como «referente no pensamento dos séculos XX e XXI», segundo apuntou onte o alcalde capitalino, Martiño Noriega, na presentación dun encontro que promoven o Concello e a revista Luzes. Precisamente, o director desta publicación, Xosé Manuel Pereiro, encargarase da presentación do acto xunto con Manuel Rivas, para dar paso ás intervencións de Amada Traba, Ana Acuña, Antón Baamonde, Antón Losada, Antón Patiño, Xosé M. Beiras e Carmen Pena. A música virá da man de Fermín Bouza Pena, Eladio dos Santos, Luis Emilio Batallán e Miro Casabella. Para Pereiro, esta homenaxe «vai máis alá da lembranza do sociólogo», finado en outubro. «É tamén ­­­­­-dixo- un recoñecemento ao seu avó, multado con 10.000 pesetas por querer poñer no balcón de Vilagarcía de Arousa unha bandeira galega sendo tenente de alcalde».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Recoñecemento ao sociólogo Fermín Bouza Álvarez