Herdeiros de Valentín Paz Andrade

iñaki ramis

SANTIAGO

17 may 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

1 O director do departamento de Filoloxía Galega da USC, Francisco Cidrás, presentou no Salón Nobre de Fonseca o volume Lume de vidas. Valentín Paz Andrade-Ramón Otero Pedrayo: un diálogo epistolar (1925-1976), editado pola Universidade baixo a coordinación de Henrique Monteagudo e Denis Vicente. O libro recolle unha escolma da correspondencia rescatada entre os dous escritores, cun total de 86 epístolas fortemente entroncadas coa realidade histórica e cultural da época.

Gozando como nenos

2 En El Corte Inglés, Pepe Carreiro dirixiu un obradoiro para os rapaces e presentou a nova colección A familia Caravana. Mentres, a comunidade educativa do CPI A Ramallosa celebrou por todo o alto a xornada dedicada ás letras: desfile dos maios, xogos tracionais, bailes ou un mercadiño solidario a beneficio da aldea de Orishas foron algunhas das actividades que tiveron unha elevada participación.

Premios

3 O Concello de Santa Comba entregou os diplomas do concurso As nosas letras, nas súas catro categorías, que recaeron en Noa Espasandín e Noemí Jallas, do colexio Inmaculada, así como Brais Gesto e Alicia Aikan, do Barrié de la Maza, ademais doutros tantos accésits. A concelleira de Cultura, María Pose, fixo entrega dos galardóns no Multiusos.