As «capelas»

Baldomero Cores

SANTIAGO

Episodios sobre o viño do ribeiro como causa do seu exceso, por moito que dixeran os seus afectos que, dada a súa baixa gradación, aínda que contaba con notable fila de consumidores, non alcanzaba a marear como pasaba con outros viños de Castela que pola mínima deixaban fóra de combate a calquera por esperto libador que fora. Pero o que atrae a nosa atención é o rango medicinal que cobrou no xuízo de Bobadilla a Colón. Ese rango ocupouno entre os bebedores santiagueses, sen saber daquela que podía ser bo sempre que se tomara sen abuso, pois era consello que se daba a libadores sen necesidade de usar letreiros como os que hoxe inundan as estradas.

Os viños dominantes nas tabernas da posguerra eran os do ribeiro, brancos ou tintos, servidos, polo xeral en cuncas ou tazas. Outros viños nativos tamén contaban con siareiros, e no caso dos da Ulla, dividíanse as opinións coa augardente, que se consideraba de mellor calidade cando o viño era máis frouxo.

Unha rede compacta e áxil, formada cada día de maneira que parecía espontánea e difusa, espallaba de boca en boca a calidade dos viños, e en pouco tempo podía saberse cal era o mellor e máis recomendable, que no caso contrario, sen saberse por onde andaban as «capelas», o certo é que os taceiros desaparecían da circulación. Na rúa de Entremurallas, os viños de Camilo foron moi coñecidos durante moito tempo. Sentía Camilo unha arrogancia moi particular, que se traducía nunha especie de lealdade canina, coa que co seu nome e os de outros espallados por «capelas» santiaguesas, remataron por ser recoñecidas como a universidade popular, en tempos nos que pronunciar a palabra universidade era sacrilexio, se non se usaba coma os taberneiros querían e os siareiros demandaban. Co tempo, o posto de Camilo foi ocupado por Xosé.