«Memorias dun neno labrego»

La Voz

SANTIAGO

23 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Esta obra de Neira Vilas (1928), foi unha das primeiras que publicou Ediciós do Castro (en 1963), aínda que xa se tiña publicado dous anos antes en Bos Aires. Relato contado en primeira persoa por Balbino, un neno de aldea, un ninguén, pobre fillo de labregos, a modo de diario. Memoria e retrato da vida rural en Galicia, da emigración, a morte, a amizade, o caciquismo.

Balbino vive cos seus pais, os seus avós e a tía Carmen. O seu irmán Miguel emigrou a América e unha irmá traballa de criada. O seu único amigo márchase tamén para América, namórase da mestra nova que chega ao pobo e termina de criado tras unha pedrada ao fillo do señor das terras. Así é como as andanzas de Balbino (que por momentos lembran as do Lazarillo de Tormes), o enfrontamento entre o mundo inxenuo infantil e o mundo adulto, que non comprende, se converten en leccións,e non faltan entre liñas as citas providenciales: «A metade do mozo está na tenda», «Vale máis ter amigos que ter diñeiro», «o loito non resucita a ninguén»...